Hoxe celébrase o Día das Letras Galegas, adicado este ano 2008 o escritor nado en Tui (Pontevedra) Xosé María Álvarez Blázquez (1915-1985). A Real Academia Galega basou a súa decisión de homenaxear a Álvarez Blázquez por ser "o exemplo perfecto dun home polígrafo, erudito e interesado pola historia, a arqueoloxía ou a literatura".
Entre a súa obra destaca "Os ruíns" (1936) e "A pega rabilongo e outras historias de tesouros" (1971), no xénero de narativa infantil. Na lírica, xénero onde e máis coñecido, e de resaltar "Poemas de ti e de min" (1949), "Roseira do teu mencer" (1950), "Cancioneiro de Monfero" (1953), "Romance do pescador peleriño" (1954) e "Canle segredo" (1976). Como ensaista publicou "Escolma de poesía galega II: A poesía dos séculos XIV a XIX" (1959) e "Escolma da poesía medieval" (1976) entre outros.
No ano 1945 o escritor publicou unha novela en castelán "En el pueblo hay caras nuevas", coa que foi finalista do Premio Nadal.
Ademais de escritor, Álvarez Blázquez destacou polo seu labor no Partido Galegista. En 1950, xunto con Luis Viñas Cortegoso fundou a Editorial Monterrey. No ano 1962 ingresa na Real Academia Galega e en 1964 funda xunto cós seus irmáns Emilio e Álvaro Edicións Castrelos.